domingo, 14 de octubre de 2018

I INTERENCONTROS ESCOLARES

O pasado martes 9 de outubro celebramos os I Interencontros Escolares. Participaron os alumnos/as de 6º curso de Primaria de 3 centros escolares de Cambre: CEIP Graxal, CEIP Portofaro e CEIP Wenceslao Fernández Flórez.
Inicialmente fixemos unha ruta de sendeirismo pola beira do río Mero ata chegar ao CEIP Wenceslao Fernández Flórez, onde os alumnos/as puideron practicar conxuntamente unha serie de actividades deportivas: brilé, xogos populares e baloncesto. Aquí queda unha pequena mostra dos diferentes momentos do día.

Ruta de ida desde CEIP Graxal ata CEIP Wenceslao Fernández Flórez


















sábado, 29 de septiembre de 2018

Apuntes de baloncesto


Valores do deporte e emocións





O vídeo que aparece a continuación representa accións de futbolistas que os enriquecen e dignifican como grandes deportistas. Moitas veces dicimos que o fútbol é antieducativo, porque normalmente non se ven xestos e actitudes que indican valores correctos, que todo deportista debería seguir. Exemplos como a falta de respecto ao árbitro, os enganos dos futbolistas cando finxen dor por unha acción dun contrario que nin lles toca, enganar ao árbitro finxindo un penalti...
Pois aquí tedes unha proba de que o fútbol, se queremos, tamén é un deporte que pode ser altamente educativo e cunha transmisión de valores moi enriquecedora. 


martes, 4 de septiembre de 2018

A importancia dos valores no deporte

Hai unha serie de carteis que me levan acompañando durante moitos anos e que fan referencia a unha serie de valores sen os cales o deporte e a actividade física non terían apenas sentido. Soamente son unha selección dos máis importantes e quero compartilos con vós, xa que baixo o meu punto de vista eses valores serán o gran obxectivo a acadar na Educación Física escolar.