jueves, 4 de enero de 2024

PÁXINA DE REFERENCIA SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS

Como ben sabedes este ano é olímpico. Para a meirande parte dos deportistas trátase do evento deportivo máis importante. Estes Xogos Olímpicos de 2024 disputaranse en París, desde o 26 de xullo ata o 11 de agosto. 

Nesta páxina poderedes consultar moitísima información: as modalidades deportivas olímpicas, os principais deportistas, resultados e vídeos históricos, as mascotas...

Aquí queda o enlace para que lle botedes un vistazo: https://olympics.com/es/olympic-games



miércoles, 15 de noviembre de 2023

SALTOS CON CORDA

 Ao longo de varias sesións os alumnos e alumnas de 4º de Primaria fostes aprendendo e practicando unha serie de saltos con corda, tanto a nivel individual como en grupos. Nalgúns deles incorporastes un toque persoal, froito da vosa creatividade. Un gran traballo o realizado por todos vós, especialmente por aqueles e aquelas aos que máis vos custou, pero que con esforzo e interese fostes superando esas pequenas dificultades iniciais.  



viernes, 10 de noviembre de 2023

VISITA CLUB HOCKEY CAMBRE

 Nesta semana tivemos a visita ao centro de 2 integrantes do Club Hockey Cambre. Explicáronlles ao alumnado unhas nocións básicas sobre este deporte. A cativada quedou encantada coa experiencia. 





miércoles, 11 de octubre de 2023

EDUCACIÓN EMOCIONAL NO DEPORTE. EXPRESIÓN CORPORAL.

Ao longo de varias sesións estivemos traballando a educación emocional. Tratábase de que os alumnos/as foran conscientes das súas propias emocións, tanto positivas como negativas, que se dan moitas veces durante a práctica deportiva. Pero tamén ser capaces de recoñecelas nos demais, poñéndose no lugar dos compañeiros/as. 

Por medio dunhas situacións ficticias, déuselles aos rapaces e rapazas a consigna de que reaccionaran tal e como lles pedía o seu corpo e a súa mente, con total liberdade, tanto ante as emocións positivas como negativas, pero seguindo uns parámetros básicos de boa conduta.  

Este foi o resultado obtido. 



jueves, 4 de junio de 2020

BENVIDOS AO GRANDIOSO CIRCO DO GRAXAL

Chegou o día! Despois de varias semanas na que os artistas estiveron preparando as súas magníficas funcións, fomos quen de unir todas para crear este espectáculo que cremos que é único. Quixemos manter a maior parte dos vídeos tal e como nolos enviastes, conservando a vosa elaboración basada nun gran sentido de esforzo e nunha gran dose de creatividade e orixinalidade. Naqueles vídeos nos que non había música de fondo fixemos uns pequenos retoques que esperemos sexan do agrado de todos/as.

Agardamos que desfrutedes do espectáculo tanto coma nós. Os profes de Educación Física queremos darvos as grazas polo voso esforzo e implicación. E queremos rematar este curso desta maneira, con alegría, con entusiasmo, con esperanza, con ilusión... De aí a idea de crear este circo, para finalizar o curso de Educación Física con bo sabor de boca. Non hai mellor terapia que facerlle fronte aos momentos delicados e difíciles que nos toca vivir cunha gran dose de humor e alegría.

VIVA O CIRCO DO GRAXAL!!

QUE COMECE O ESPECTÁCULO!!


miércoles, 3 de junio de 2020

Entrada para o CIRCO do GRAXAL

Todo circo, antes de iniciar a súa primeira función, ten que realizar unha serie de preparativos: montar o escenario coa súa gran carpa central, realizar ensaios previos sobre como serán as funcións a representar, anunciar por megafonía en furgoneta ou coche que o circo xa chegou á vila ou cidade, repartir tickets con desconto polos diferentes negocios da zona, colgar os carteis nas farolas e nos escaparates das tendas… Un sinfín de traballos que a maior parte das veces non caemos na conta e que son fundamentais para que o circo teña máis ou menos éxito.

Pois queremos que saibades que o circo xa chegou á zona do Graxal e os seus diferentes artistas estanse a preparar para deleitarvos co seu fantástico e inigualable espectáculo. Iso será dentro duns días, pero tranquilos que avisaremos por mensaxería o día que vaia empezar o espectáculo. Mentres tanto seguimos con eses preparativos que todo circo precisa antes de representar as súas funcións ao público.

Polo de pronto, quédanvos aquí as entradas e o cartel anunciador, por cortesía da familia Varela Castro. Non te quedes sen a túa entrada.

VIVA O CIRCO DO GRAXAL!




jueves, 28 de mayo de 2020

Anuncio

O marabilloso Circo do Graxal está a piques de abrir o seu telón para contemplar as fantásticas actuacións dos malabaristas, magos, domadores, acróbatas, forzudos, majorettes, pallasos… Unha gran variedade de artistas que vos deleitarán coas súas incribles actuacións. Un gran espectáculo que non podes perderte. Nuns días comezará a súa primeira función.

Se todavía queres participar aínda estás a tempo. É unha oportunidade única de demostrar as túas habilidades circenses. ÁNIMO!