viernes, 20 de diciembre de 2019

Coreografía con cordas

Aquí vos presentan estas alumnas de sexto curso a coreografía que realizaron e que está relacionada cos saltos con corda que traballaron previamente nas clases de Educación Física.
Baixo o meu punto de vista un gran traballo o desempeñado xa que todo isto foi froito do seu esforzo (sacrificando o seu tempo de ocio para ensaiar), da súa creatividade (elas foron as artífices e inventoras de toda esta secuencia de saltos) e da súa constancia (mellorando a medida que ían aumentando os ensaios; se ben é certo que ao final o seu desexo era seguir practicando, pero por unhas cousas ou por outras botouse o tempo enriba e non foi posible). 

NORABOA CHICAS!


jueves, 12 de diciembre de 2019

Habilidades con aros (2º curso de Primaria)

Ao longo desta sesión os alumnos/as practicaron varias habilidades con aros. Empecei actuando de guía para que tod@s realizasen unha serie de habilidades básicas deixando para os últimos minutos a libre exploración e experimentación, momento no que empezaron a aflorar todas estas habilidades que se amosan no seguinte vídeo.


jueves, 5 de diciembre de 2019

VI Carreira do Magosto do CEIP Portofaro

No día de hoxe, o noso alumnado de 4º curso de Primaria participou na VI carreira do Magosto organizada polo CEIP Portofaro. Un día de grandes emocións, de nerviosismo, de disfrute, de vivir unha nova experiencia, de coñecer a novos nenos/as, de reencontrarse con algúns xa coñecidos/as... En resumidas contas, un día especial e diferente.
Agradecer a todas as persoas implicadas nesta carreira que fixeron posible a celebración da mesma, especialmente ao CEIP Portofaro por invitarnos a participar en dito evento.

MOITAS GRAZAS 









martes, 3 de diciembre de 2019

5 de decembro Carreira do Magosto no CEIP Portofaro

Parece que esta semana por fin hai unha tregua no tempo, polo que o vindeiro xoves 5 de decembro desenvolverase no circuíto de campo a través da desembocadura do Río Mero (ver fotografía adxunta) a 6ª Carreira do Magosto. O noso colexio levará como participantes ao alumnado de 4º de Primaria.
Aos nenos/as xa se lles pasou hai unhas semanas unha nota onde aparece información relevante sobre a proba, pero quixera resaltar o feito de que leven unha mochila aparte con roupa e calzado para cambiarse unha vez rematada a carreira, xa que posiblemente a vestimenta que utilicen para a proba quedará sucia e mollada debido a que o percorrido transcorre sobre terra e herba.