viernes, 20 de diciembre de 2019

Coreografía con cordas

Aquí vos presentan estas alumnas de sexto curso a coreografía que realizaron e que está relacionada cos saltos con corda que traballaron previamente nas clases de Educación Física.
Baixo o meu punto de vista un gran traballo o desempeñado xa que todo isto foi froito do seu esforzo (sacrificando o seu tempo de ocio para ensaiar), da súa creatividade (elas foron as artífices e inventoras de toda esta secuencia de saltos) e da súa constancia (mellorando a medida que ían aumentando os ensaios; se ben é certo que ao final o seu desexo era seguir practicando, pero por unhas cousas ou por outras botouse o tempo enriba e non foi posible). 

NORABOA CHICAS!


jueves, 12 de diciembre de 2019

Habilidades con aros (2º curso de Primaria)

Ao longo desta sesión os alumnos/as practicaron varias habilidades con aros. Empecei actuando de guía para que tod@s realizasen unha serie de habilidades básicas deixando para os últimos minutos a libre exploración e experimentación, momento no que empezaron a aflorar todas estas habilidades que se amosan no seguinte vídeo.


jueves, 5 de diciembre de 2019

VI Carreira do Magosto do CEIP Portofaro

No día de hoxe, o noso alumnado de 4º curso de Primaria participou na VI carreira do Magosto organizada polo CEIP Portofaro. Un día de grandes emocións, de nerviosismo, de disfrute, de vivir unha nova experiencia, de coñecer a novos nenos/as, de reencontrarse con algúns xa coñecidos/as... En resumidas contas, un día especial e diferente.
Agradecer a todas as persoas implicadas nesta carreira que fixeron posible a celebración da mesma, especialmente ao CEIP Portofaro por invitarnos a participar en dito evento.

MOITAS GRAZAS 









martes, 3 de diciembre de 2019

5 de decembro Carreira do Magosto no CEIP Portofaro

Parece que esta semana por fin hai unha tregua no tempo, polo que o vindeiro xoves 5 de decembro desenvolverase no circuíto de campo a través da desembocadura do Río Mero (ver fotografía adxunta) a 6ª Carreira do Magosto. O noso colexio levará como participantes ao alumnado de 4º de Primaria.
Aos nenos/as xa se lles pasou hai unhas semanas unha nota onde aparece información relevante sobre a proba, pero quixera resaltar o feito de que leven unha mochila aparte con roupa e calzado para cambiarse unha vez rematada a carreira, xa que posiblemente a vestimenta que utilicen para a proba quedará sucia e mollada debido a que o percorrido transcorre sobre terra e herba.

viernes, 22 de noviembre de 2019

Habilidades con monopatíns (4º, 5º e 6º de Primaria)


Unidade didáctica na que o alumnado se enfronta a diferentes problemas motrices mediante o uso dos monopatíns. Trátase de acadar un dominio adecuado sobre o mesmo de xeito que sexan capaces de autopropulsarse para poder avanzar, establecer relacións de confianza cando practican a propulsión por parellas, ser capaces de guiar o monopatín cara onde eles queiran, manter diferentes posicións de equilibrio sen agarre do monopatín...

Traballando o esquema corporal (2º de Primaria)



Ao longo desta unidade didáctica traballamos varios conceptos de esquema corporal por medio da motricidade: debuxamos siluetas dos nenos/as sobre un papel para logo resaltar as diferentes articulacións e realizar un xogo de puntería (tipo diana); o concepto de dimensión corporal atravesando diferentes obxectos e incluso o corpo dos compañeiros/as; golpeos ao globo con diferentes partes do corpo (dedos, puños, xeonllos, cóbados…); equilibrios por parellas con dous globos colocados en diferentes partes do corpo...

En definitiva, un cúmulo de vivencias e experiencias por medio da motricidade que permitan un mellor coñecemento do seu corpo.

miércoles, 13 de noviembre de 2019

Saltos con corda (6º de Primaria)


Amósase aquí unha selección dos diferentes saltos con corda practicados nas sesións de Educación Física: saltamontes, abrir e pechar, cruzado, torero, slalom, tesoiras...así coma outras de carácter máis personalizado e inventados polos propios alumnos/as.

miércoles, 9 de octubre de 2019

Potenciando a creatividade




Sesión destinada á resolución de problemas motrices por medio da creatividade e orixinalidade do alumnado. Gran cantidade de solucións, todas moi interesantes. 

jueves, 23 de mayo de 2019

Partes dunha brúxula

Aquí tedes un vídeo que amosa e explica as partes dunha brúxula. Comentarvos que non tódalas brúxulas son iguais. De feito, o vindeiro día que teñamos una nova práctica de orientación, decatarédesvos que hai partes nas nosas brúxulas que non van aparecer.
O que si aparece en todas son as partes elementais e básicas: limbo, frecha de dirección, agulla imantada...
Ide afianzando estas palabras porque van a ser fundamentais para as seguintes clases de orientación.

miércoles, 15 de mayo de 2019

II Xornadas Intercentros Cambre

No día de onte celebramos unha nova xuntanza entre o alumnado de 6º curso de Primaria dos CEIP Wenceslao Fernández Flórez, CEIP Portofaro e CEIP Graxal. Nesta volta realizamos as actividades na contorna do noso colexio, aproveitando o parque Ramón Barba máis o parque biosaudable que hai no paseo marítimo.
Serviu asemade de nova toma de contacto entre alumnado que para o vindeiro curso acabarán coincidindo no Instituto.



lunes, 21 de enero de 2019