jueves, 4 de junio de 2020

BENVIDOS AO GRANDIOSO CIRCO DO GRAXAL

Chegou o día! Despois de varias semanas na que os artistas estiveron preparando as súas magníficas funcións, fomos quen de unir todas para crear este espectáculo que cremos que é único. Quixemos manter a maior parte dos vídeos tal e como nolos enviastes, conservando a vosa elaboración basada nun gran sentido de esforzo e nunha gran dose de creatividade e orixinalidade. Naqueles vídeos nos que non había música de fondo fixemos uns pequenos retoques que esperemos sexan do agrado de todos/as.

Agardamos que desfrutedes do espectáculo tanto coma nós. Os profes de Educación Física queremos darvos as grazas polo voso esforzo e implicación. E queremos rematar este curso desta maneira, con alegría, con entusiasmo, con esperanza, con ilusión... De aí a idea de crear este circo, para finalizar o curso de Educación Física con bo sabor de boca. Non hai mellor terapia que facerlle fronte aos momentos delicados e difíciles que nos toca vivir cunha gran dose de humor e alegría.

VIVA O CIRCO DO GRAXAL!!

QUE COMECE O ESPECTÁCULO!!


7 comentarios:

  1. ya se pueden ir jubilando los del CIRCO DEL SOL...JAJAJA

    ResponderEliminar
  2. How fun! Congratulations to all the pupils, families and teachers!

    ResponderEliminar
  3. Fabuloso!! Os nenos e nenas do Graxal son uns artistas!! Felicidades tamén os profes por este proxecto!!

    ResponderEliminar
  4. Felicidades a todos esos niños talentosos y al profe por su iniciativa.. Bravo!!!

    ResponderEliminar
  5. Gustounos moito,gracias Diego!!!. :)

    ResponderEliminar
  6. Qué chulo! Foi moi divertido velo!! Noraboa a todos polo traballo feito.

    ResponderEliminar