Aquí vos
presentan estas alumnas de sexto curso a coreografía que realizaron e que está
relacionada cos saltos con corda que traballaron previamente nas clases de
Educación Física.
Baixo o meu punto de vista un gran
traballo o desempeñado xa que todo isto foi froito do seu esforzo (sacrificando
o seu tempo de ocio para ensaiar), da súa creatividade (elas foron as artífices
e inventoras de toda esta secuencia de saltos) e da súa constancia (mellorando
a medida que ían aumentando os ensaios; se ben é certo que ao final o seu
desexo era seguir practicando, pero por unhas cousas ou por outras botouse o
tempo enriba e non foi posible).
NORABOA CHICAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario