Parece que esta semana por fin hai unha tregua no tempo, polo que o vindeiro xoves 5 de decembro desenvolverase no circuíto de campo a través da desembocadura do Río Mero (ver fotografía adxunta) a 6ª Carreira do Magosto. O noso colexio levará como participantes ao alumnado de 4º de Primaria.
Aos nenos/as xa se lles pasou hai unhas semanas unha nota onde aparece información relevante sobre a proba, pero quixera resaltar o feito de que leven unha mochila aparte con roupa e calzado para cambiarse unha vez rematada a carreira, xa que posiblemente a vestimenta que utilicen para a proba quedará sucia e mollada debido a que o percorrido transcorre sobre terra e herba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario