É unha forma de ir recuperando pouco a pouco a normalidade, pero lembrade que é fundamental que sexamos todos/as responsables e que sigamos as normas e horarios de saídas polo ben común.
Iniciamos unha nova semana con novos xogos que nos traen alumnos/as do noso colexio. No día de hoxe, retomamos a temática de xogos populares e tradicionais. Gabriel explícanos como xoga aos bolos na súa casa. Xa vedes que non fai falta moito material; soamente hai que afinar puntería e... a ver se conseguides pleno coma Gabriel. Todo un crack!!
E xa sabedes! A seguir enviando novos xogos creados ou inventados a partir da vosa imaxinación e da vosa creatividade para compartir as vosas aprendizaxes co resto do alumnado. Lembramos o correo: efnacasa@gmail.com Que a cabeza non pare de pensar!
Sesión 27. Xogos populares e tradicionais: os bolos.
Jope con unas botellas puedes hacer un juego muy divertido y original!!!
ResponderEliminar