jueves, 4 de junio de 2020

BENVIDOS AO GRANDIOSO CIRCO DO GRAXAL

Chegou o día! Despois de varias semanas na que os artistas estiveron preparando as súas magníficas funcións, fomos quen de unir todas para crear este espectáculo que cremos que é único. Quixemos manter a maior parte dos vídeos tal e como nolos enviastes, conservando a vosa elaboración basada nun gran sentido de esforzo e nunha gran dose de creatividade e orixinalidade. Naqueles vídeos nos que non había música de fondo fixemos uns pequenos retoques que esperemos sexan do agrado de todos/as.

Agardamos que desfrutedes do espectáculo tanto coma nós. Os profes de Educación Física queremos darvos as grazas polo voso esforzo e implicación. E queremos rematar este curso desta maneira, con alegría, con entusiasmo, con esperanza, con ilusión... De aí a idea de crear este circo, para finalizar o curso de Educación Física con bo sabor de boca. Non hai mellor terapia que facerlle fronte aos momentos delicados e difíciles que nos toca vivir cunha gran dose de humor e alegría.

VIVA O CIRCO DO GRAXAL!!

QUE COMECE O ESPECTÁCULO!!


7 comentarios:

  1. QUE EMOCIONANTE TODOS ¡¡¡

    ResponderEliminar
  2. ya se pueden ir jubilando los del CIRCO DEL SOL...JAJAJA

    ResponderEliminar
  3. How fun! Congratulations to all the pupils, families and teachers!

    ResponderEliminar
  4. Fabuloso!! Os nenos e nenas do Graxal son uns artistas!! Felicidades tamén os profes por este proxecto!!

    ResponderEliminar
  5. Felicidades a todos esos niños talentosos y al profe por su iniciativa.. Bravo!!!

    ResponderEliminar
  6. Gustounos moito,gracias Diego!!!. :)

    ResponderEliminar
  7. Qué chulo! Foi moi divertido velo!! Noraboa a todos polo traballo feito.

    ResponderEliminar