Educación Física na casa. Sesión 5. Xogar en familia: O xogo da ra
Hoxe explícovos o xogo da ra, xogo popular e tradicional moi típico que seguramente sexa coñecido polos vosos pais/nais ou avós/avoas. As partidas consisten en lanzar alternativamente un total de 10 fichas co obxectivo de introducilas pola boca da ra ou nos outros orificios situados na mesa de xogo, intentando conseguir o máximo de puntuación en cada tirada. A partida finaliza unha vez pasadas 10 rondas ou tandas, resultando gañador/a o xogador/a que obteña máis puntos.
En primeiro lugar teredes que construír a vosa mesa de xogo coas súas puntuacións correspondentes. Como fichas poderedes empregar chapas, tapóns ou otros obxectos que se vos ocorran.
Facede tamén unha táboa para ir anotando a puntuación.
AFINADE A PUNTERÍA E... A XOGAR!!
Sesión 5. O xogo da ra.
Xogo da ra feito por un neno despois de ver o vídeo
Piero : muy ingenioso 👍
ResponderEliminar